Podchaser Logo
Home
Ep.21: Cartografías Sociais

Ep.21: Cartografías Sociais

Released Friday, 23rd February 2018
Good episode? Give it some love!
Ep.21: Cartografías Sociais

Ep.21: Cartografías Sociais

Ep.21: Cartografías Sociais

Ep.21: Cartografías Sociais

Friday, 23rd February 2018
Good episode? Give it some love!
Rate Episode

Habitando-21.jpg

Unha das actividades do proxecto de difusión do dereito ao hábitat a través de axentes multiplicadores que estamos a desenvolver en colaboración con parte do profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da UDC e financiado pola Xunta de Galicia, é a creación dunha cartografía social que reflectise o senfogarismo e multiculturalidade na cidade da Coruña.

Durante o primeiro trimestre do curso, alumnado de segundo e terceiro do grado de Educación Social realizaron derivas, entrevistaron á poboación meta, etc., tomando os datos necesarios para o estudo. Unha vez recollida toda esa información, alumnado de Pedagoxía, Socioloxía e Psicoloxía das Artes Plásticas e Visuais do Mestrado en Profesorado de Secundaria Obrigatoria, a traducirán para montar unha exposición que se expoñerá e quedará a disposición de quen a precise.

Hoxe acompáñannos Laura Cruz, Juan José Bueno, Roberto Suárez e unha das súas alumnas Nerea Carabel, para explicarnos a experiencia de primeira man. E tamén Martín Barreiro membro de Rurban, empresa especializada neste tipo de cartografías que asesorou ao profesorado no deseño da estratexia e materiais utilizados no desenvolvemento da actividade.

Cartografias-Sociais.jpg

Durante unha das xornadas de posta en común

Ligazóns de interese:

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
  • An Dro, Sangre de Muérdago, álbum Os Segredos da Raposa Vermella

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Show More

Unlock more with Podchaser Pro

  • Audience Insights
  • Contact Information
  • Demographics
  • Charts
  • Sponsor History
  • and More!
Pro Features