Os pasados 1 e 2 de novembro celebrouse na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a V Edición de Playgrounds. Como final a Argallar, una exposición para xogar coa arquitectura, a asociación Ludantia coa colaboración de Proxecto Terra e a Fundación Cidade da Cultura organizo o V Encontro Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, dirixido a docentes, estudantes e profesionais da educación.
Ideouse como un encontro con intervencións plenarias en formato debate de profesionais recoñecidos a nivel galego, estatal e internacional, agrupados en parellas ao redor de catro temas de interese e actualidade para estes colectivos específicos. Deste xeito, o encontro compleméntouse con obradoiros ao redor destas temáticas:
Arquitectura sen Fronteiras participou na sua organización a través de Proxecto Terra. E varias persoas voluntarias achegáronse ás charlas e obradoiros. Habitando non podía perder a oportunidade, e aproveitamos para charlar con persoas da organización (Miguel Díaz), poñentes (Clara Megías e Leticia Flores, e o equipo Mico), e participantes (Lidia, mestra na Escola pública.
Todas as cancións incluídas neste episodio no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
Feed | iTunes | iVoox | Spotify
gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Podchaser is the ultimate destination for podcast data, search, and discovery. Learn More