Abrimos coas novas da BD, a todo filispím. Nos imprescindibéis cabalgamos co vaqueiro que é «máis rápido que a súa sombra», Lucky Luke, un dos grandes personaxes da BD Franco-belga que ven de cumprir 70 anos. No tempo da entrevista falamos con David Fernández un compatriota que traballa na editorial ECC e que nos dará a súa visión do sector do cómic no estado. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A gata tola de Compostela. Todo «salseado» con músicas tremendas.
Podchaser is the ultimate destination for podcast data, search, and discovery. Learn More