A necesidade de transformar o mundo rural, afastándoo das tendencias do abandono, é un obxectivo social de primeira orde. Conseguilo é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, agricultores, consumidores e as súas asociacións. No ámbito do III Congreso queremos discutir sobre o papel asignado á agricultura ecolóxica neste proceso. Producir alimentos e fibras para os mercados locais mediante sistemas produtivos que aproveiten os recursos locais (ambientais, humanos, culturais, económicos) convértese no elemento crítico do proceso de construción social dun novo mundo rural.Convocamos os axentes sociais implicados na participación, definindo os problemas e propoñendo alternativas, co obxectivo de tecer novas redes que permitan avanzar no camiño da soberanía alimentaria.